Convocatoria Cto. España de Natación Alevín por CCAA

Convocatoria da Selección Galega para o VI Campionato de España de Natación por Seleccións Autonómicas categoría idade escolar (alevín) - CSD que se disputará en Ovideo do 28 de febreiro ao 1 de marzo.

Ver convocatoria.

Campionato de España de Natación Júnior e Infantil por CCAA

Convocatoria da Selección Galega que participará no VIII Campionato de España de Natación Júnior e Infantil por CCAA que se disputará en Las Palmas de Gran canaria do 14 ao 16 de febreiro.

Ver convocatoria.

Tecnificación Natación Artística

20191213_art_tecnificacion

A Federación Galega prosegue co seu proxecto de tecnificación da Natación Artística a través da responsable Sandra Montes Ruiz, que nesta ocasión desprazouse a diversas instalacións da Comunidade os días 9, 10 e 11, alternando visitas a clubs cunha actuación concreta de tecnificación e seguimento das nadadoras convocadas para o Ranking Top 30 alevín da RFEN.

Na xornada do día 9 acudiu á Coruña, tomando contacto e asesorando ao equipo técnico do Club Acuatic de Oleiros e aos diferentes equipos que compiten na Copa Galega Promoción.

Nas xornadas de mañá dos días 10 e 11 a tecnificación, que se desenvolveu en Pontevedra, centrouse nas nadadoras do Ranking Top 30 alevín da RFEN e as súas respectivas adestradoras responsables, con miras á próxima concentración nacional en Buitrago de Lozoya, que se desenvolverá durante os días 28 a 30 de decembro, mentres que as xornadas de tarde adicáronse, o día 10, ao Club Sincro Casino de A Coruña traballando coas nadadoras deste club en fase de formación para as probas de nivel de natación artística, mentres que a do día 11 a atención foi para o Club Sincro Pontevedra.

Tecnificación de Wáter-polo

20191011_wat_concentracions_tec

Esta fin de semana, aproveitando a disputa da Supercopa Galega de Wáter-polo Masculina, celebráronse as primeiras xornadas de tecnificación da tempada 2019-20, onde case unha centena de nenas e nenos de toda Galicia puideron gozar dunha formación co obxectivo de ir mellorando ao longo da tempada.

Esta tempada comézase o novo proxecto de tecnificación cuxos inicios foron ao final da tempada pasada e agardamos consolidar e dar ao noso wáter-polo un salto de calidade.

En primeiro lugar a categoría alevín participou durante dúas horas dunhas primeiras orientacións técnicas. Posteriormente a categoría infantil realizou a segunda sesión orientada cara á súa formación de cara ao Campionato de España de Wáter-polo por Comunidades Autónomas.

Tecnificación de Wáter-polo

20190715_wat_concentracion_fem

Do 10 ao 13 de xullo, a Federación Galega de Natación, no seu Plan de Tecnificación, realizou unha selección de 2 xogadoras, despois dunha serie de concentracións, como xa ocorreu no mes de abril coa sección masculina, onde se lles deu a oportunidade de realizar unha concentración cun dos clubes máis potentes de España, o Club Natació Sabadell.

Despois dunha serie de conversacións cos técnicos e directivos do clube, a federación chegou a un acordo que enmarcaremos dentro deste novo plan e detallaremos máis adiante. Andrea Andión e Izaskun Tellería (C. W. Pontevedra), participaron nesta actividade xunto co noso Director Técnico Enrique García. Despois de 4 intensos días de réxime de adestramento co equipo Cadete Feminino do C. N. Sabadell, o cal foi Campión de Cataluña e disputará a próxima semana o Campionato de España Cadete Feminino, as xogadoras tiveron a oportunidade de achegarse ao alto rendemento e a súa rutina de adestramento, dando en todo momento o nivel.

Isto ten que supoñer un extra de motivación para todas as xogadoras galegas, pois o obxectivo deste proxecto é poder realizar máis actividades destas características, e que unha vez finalizan a categoría infantil, seguirán sendo seguidas polos nosos técnicos federativos.

Agradecemos en particular as xestións e o trato de Enric Arnella, principal responsable de que esta actividade se puidese levar a cabo, David Palma, adestrador do primeiro equipo, pola súa acollida e trato, e por suposto a Ferran Plana, con quen se iniciou este proxecto e todo o corpo técnico do clube, que estiveron atentos en todo momento. Agradecer a nivel de directiva especialmente a Xavi Balaguer, pola súa facilidade para realizar os adestramentos e abrirnos as portas do clube. Igualmente agradecer a todo o persoal do C. N. Sabadell, pois fixeron que nos sentísemos como na casa, sendo acollidos dunha forma magnífica.

Este foi o comezo dunha serie de actividades que a Federación impulsará de fronte mellorar o nivel do wáter-polo en Galicia a medio prazo.

Tecnificación de wáter-polo

20190521_wat_tec

O sábado tiveron lugar dúas actividades de tecnificación de wáter-polo. Por unha banda os xogadores de categoría alevín que representarán a Galicia en Zaragoza a vindeira semana, tiveron a terceira concentración de preparación. Paralelamente realizouse a primeira concentración xuvenil feminina para afrontar unha competición en Lisboa os próximos 8 e 9 de xuño. Estas actividades están enfocadas ao novo plan de tecnificación que a FEGAN está a asentar para mellorar o nivel e detección de talentos en Galicia.

Tecnificación de wáter-polo

20190415_wat_tec_sabadell

Do 10 ao 13 de abril, a Federación Galega de Natación, no seu novo Plan de Tecnificación, realizou unha selección de 4 xogadores, despois dunha serie de probas, onde se lles deu a oportunidade de realizar unha concentración cun dos clubes máis potentes de España, o Club Natació Sabadell. Despois dunha serie de conversas cos técnicos e directivos do clube, a Federación chegou a un acordo que enmarcaremos dentro deste novo plan e detallaremos máis adiante. Xandre Rodríguez (C. Marina Ferrol), Samuel Infestas ( Real C. Náutico Vigo), Diego Touriño e Alejandro Andión ( C. W. Pontevedra), participaron nesta actividade xunto co Director Técnico Enrique García.

Despois de 4 intensos días de réxime de adestramento cos equipos do C. N. Sabadell, os xogadores tiveron a oportunidade de achegarse ao alto rendemento e a súa rutina de adestramento, dando en todo momento o nivel e observando como as posibilidades de poder chegar a competir como o seu compañeiro galego Óscar Montes, non están tan lonxe. Isto ten que supoñer un extra de motivación para todos os xogadores e xogadoras galegas, pois o obxectivo deste proxecto é poder realizar máis actividades destas características, e que unha vez finalizan a categoría infantil, continuará o seu seguimento polos técnicos federativos.

Agradecer en particular as xestións e o trato de Ferran Plana, gran culpable de que esta actividade se puidése levar a cabo, Quim Colet, adestrador do primeiro equipo, pola súa acollida e trato, Enric Arnella e Nil Carreiras, que estiveron atentos en todo momento. Agradecer a nivel de directiva especialmente a Xavi Balaguer, pola súa facilidade para realizar os adestramentos e abrirnos as portas do clube. Igualmente agradecer a todo o persoal do C. N. Sabadell, pois fixáronnos sentir como na casa, sendo acollidos dunha forma magnífica. Este foi o comezo dunha serie de actividades que a Federación impulsará de cara a mellorar o nivel do wáter-polo en Galicia a medio prazo.

Charla de Santi Veiga no CGTD

20190301_nat_santi_veiga

O venres 8 de marzo Santi Veiga (responsable do equipo de mozos da RFEN) impartirá unha charla no CGTD de Pontevedra, á que están convidados todos os adestradores. A charla sobre "Aspectos fundamentais no adestramento de mozos" será de 16:00 a 17:45, e de seguido participará tamén na 4ª xornada de tecnificación de natación do GES.

Prégase confirmar asistencia até o mércores 6 de marzo en info@fegan.org

Tecnificación de natación: 2ª xornada GES

20190121_nat_ges_x2

Este pasado venres celebrouse na piscina do CGTD a segunda xornada de tecnificación de natación do grupo especial de seguimento.

Nesta ocasión contamos coa presenza e colaboración de Dinko Jukic, ex nadador de orixe croata que foi internacional con Austria acadando numerosas medallas a nivel internacional en Ctos. de Europa e do Mundo en probas de estilos e bolboreta, e finalista (cuarto posto) nos XXOO de Londres en 200 bolboreta. Agora desenvolve a súa labor de adestrador en Bulgaria..

Campionato de España de Natación Júnior e Infantil por CCAA

Convocatoria da Selección Galega que participará no VII Campionato de España de Natación Júnior e Infantil por CCAA que se disputa do 15 ao 17 de febreiro en Castellón.

Ver convocatoria