Tecnificación Natación Artística

20191213_art_tecnificacion

A Federación Galega prosegue co seu proxecto de tecnificación da Natación Artística a través da responsable Sandra Montes Ruiz, que nesta ocasión desprazouse a diversas instalacións da Comunidade os días 9, 10 e 11, alternando visitas a clubs cunha actuación concreta de tecnificación e seguimento das nadadoras convocadas para o Ranking Top 30 alevín da RFEN.

Na xornada do día 9 acudiu á Coruña, tomando contacto e asesorando ao equipo técnico do Club Acuatic de Oleiros e aos diferentes equipos que compiten na Copa Galega Promoción.

Nas xornadas de mañá dos días 10 e 11 a tecnificación, que se desenvolveu en Pontevedra, centrouse nas nadadoras do Ranking Top 30 alevín da RFEN e as súas respectivas adestradoras responsables, con miras á próxima concentración nacional en Buitrago de Lozoya, que se desenvolverá durante os días 28 a 30 de decembro, mentres que as xornadas de tarde adicáronse, o día 10, ao Club Sincro Casino de A Coruña traballando coas nadadoras deste club en fase de formación para as probas de nivel de natación artística, mentres que a do día 11 a atención foi para o Club Sincro Pontevedra.