Campionato de España Figuras Infantil e Rutinas Técnicas Júnior

20261128_art_ivan

Primeira xornada do Campionato de España Figuras Infantil e Rutinas Técnicas Júnior que se está disputando na piscina M-86 de Madrid.

Resultados máis destacados.

Sólo Técnico Júnior Masculino

3º - Iván González de CNA Galaico Pontevedra

Sólo Técnico Júnior Feminino

13ª - Deva Alonso de CNA Galaico Pontevedra

15ª - Nekane Sánchez de RCN de Vigo

17ª - Alejandra Baliñas e Enara Álvarez de CN Sincro Ourense

Toda a información

Campionato Galego Longa Distancia

Club Natación Liceo gañador do Campionato Galego de Longa Distancia que se disputou hoxe na piscina de Rías do Sur (Pontevedra).

20261128_nat_liceo

Mellor club:

1º- CN Liceo con 127 ptos.

2º- CN Vigo Rías Baixas con 113 ptos.

3º- CN Galaico con 111 ptos.

Mellor club categoría masculina:

1º- CN Liceo con 89 ptos.

2º- CN Vigo Rías Baixas con 65 ptos.

3º- CN Pabellón Ourense con 52 ptos.

Mellor club categoría feminina:

1º- CN Galaico con 66 ptos.

2º- CN Ferrol con 54 ptos.

3º- CN Vigo Rías Baixas con 48 ptos.

20261128_nat_ganadores

Mellor nadador categoría masculina :

Pedro Rodríguez de CN Vigo Rías Baixas.

Mellor nadadora categoría feminina:

Lucía Villarnovo de CN Ferrol.

Acceso á web dos resultados

Campionato de España Figuras Infantil e Rutinas Técnicas Júnior

20261126_art_cartel

Os días 28 e 29 de novembro disputarase na piscina M-86 de Madrid, o Campionato de España Figuras Infantil e Rutinas Técnicas Júnior. Participarán CNA Galaico Pontevedra, CN Sincro Ourense, Casino de la Coruña e RCN de Vigo.

Toda a información

Campionato Galego Longa Distancia

20261125_nat_presentacion_longa

Presentación no Concello de Pontevedra do Campionato Galego de Longa Distancia Xunta de Galicia, que se disputará este sábado día 28 de novembro, na piscina do Complexo Deportivo Rías do Sur de Pontevedra.

Contará coa participación de 113 nadadores de 16 clubs galegos. As sesións darán comezo as 10:30 e as 16:30 horas.

No acto estiveron Rafael Domínguez, Vicepresidente Primeiro da Deputación de Pontevedra e Deputado do Museo Provincial; Anabel Gulías, Conselleira de Deportes de Pontevedra; Daniel Benavides, Xefe do Servizo provincial de deportes Xunta de Galicia en Pontevedra; Alberto Castro, Presidente de CN Galaico; Alejandro Piso, adestrador de CN Galaico; Pablo Caamaño. Director Técnico Fundación Rías do Sur e Juan Carlos Brión, Presidente da FEGAN.

20261125_nat_cartel_longa

Toda a información

Axenda Fin de Semana

20261125_nat_axenda

Programa GES Infantil de Wáter-polo

20261124-wat_gesfem

20261124-wat_gesmas

O domingo 29 de novembro terá lugar unha nova xornada do Programa de Detección de Talentos Seguimento Galego de Tecnifación de wáter-polo. Será a 2ª xornada de concentración Infantil Feminina (16:30 h.) e 3ª xornada masculina (18:15 h.) na piscina de San Diego, A Coruña.

Convocatoria feminina.

Convocatoria masculina.

Concentración Tecnificación Infantil RFEN

20261123_nat_silvia_simon

Guillermo Simón e Silvia Ortiz de CN Liceo, convocados para participar na Tecnificación Infantil coa RFEN no CAR de Sant Cugat del Vallés. Será do 30 de novembro ao 5 de decembro.

Convocatoria.

Resultados Fin de Semana

20261122_nat_resultados

Axenda Fin de Semana

20261120_nat_axenda

Oferta de emprego

20261118_art_oferta

A Federación Galega de Natación busca incorporar un/a profesional con titulación de Entrenador/a Nacional de Natación (ENE) ou Adestrador/a Deportivo/a de Nivel III de Natación Artística para dirixir e desenvolver o traballo técnico-deportivo do grupo de deportistas bolseiras no Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD), en Pontevedra.

FUNCIÓNS E RESPONSABILIDADES

Planificación, organización e desenvolvemento das sesións de adestramento de Natación Artística, tanto no medio acuático como en seco.

Dirección e seguimento do grupo de deportistas bolseiras no CGTD.

Asistencia e acompañamento ás deportistas nas competicións nas que participen, así como nas actividades da modalidade organizadas pola Federación.

Dirección e desenvolvemento do Programa de Tecnificación de Natación Artística da Federación Galega de Natación.

CONDICIÓNS DO POSTO

Incorporación: 1 de decembro de 2026.

Horario: A determinar en función das necesidades organizativas e deportivas da Federación, acordándose coa persoa seleccionada e tendo en conta as necesidades de adestramento e planificación da actividade no CGTD.

PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS

As persoas interesadas deberán enviar o seu currículum vítae (CV), acompañado dunha copia da titulación requirida, as seguintes direccións de correo electrónico: secretaria@fegan.org / presidente@fegan.org