Que é o Fiarna?
Fiarna é un aplicativo desenvolvido pola FEGAN para a xeración de fichas de arbitraxe nun formato alternativo ás xeradas polo programa Piscina. Estas son xeradas a partir da base de datos da competición. O resultado son fichas como esta, a razón de 4 por páxina (preme na imaxe para ver como quedan as 4 fichas nun folio):
Instalación
Non precisa instalación nin ningún tipo de permiso especial, o aplicativo traballa sen instalación, basta con descargar o paquete ZIP, descomprimilo (é importante que se descomprima) e executar o ficheiro fiarna.exe que se atopa dento do cartafol que se descomprimiu.
Para o seu uso deben estar xeradas previamente as series da competición na base de datos en cuestión.
Preme aquí para descargar o Fiarna v. 20220111 Esta versión engade opción de ordenación.
Preme aquí para descargar o Fiarna v. 20190123
Instrucións de uso
Opcións. Pode escollerse o rango de probas que se desexa imprimir e unha fase determinada (ou todas).
Xerar o ficheiro coas fichas. Para elo prémese no botón «Xerar fichas de árbitro», elíxese a base de datos da cal se queren xerar as fichas (previamente teñen que estar xeradas as series), e seguidamente indícase o nome do ficheiro que se vai xerar.
O ficheiro resultante é xerado en formato PDF.
Se tes calquera cuestión non dubides en contactar con informático da FEGAN.
O Fiarna é software libre baixo a licenza GPL v3: Código fonte do Fiarna