Tecnificación de Wáter-polo

20191011_wat_concentracions_tec

Esta fin de semana, aproveitando a disputa da Supercopa Galega de Wáter-polo Masculina, celebráronse as primeiras xornadas de tecnificación da tempada 2019-20, onde case unha centena de nenas e nenos de toda Galicia puideron gozar dunha formación co obxectivo de ir mellorando ao longo da tempada.

Esta tempada comézase o novo proxecto de tecnificación cuxos inicios foron ao final da tempada pasada e agardamos consolidar e dar ao noso wáter-polo un salto de calidade.

En primeiro lugar a categoría alevín participou durante dúas horas dunhas primeiras orientacións técnicas. Posteriormente a categoría infantil realizou a segunda sesión orientada cara á súa formación de cara ao Campionato de España de Wáter-polo por Comunidades Autónomas.