Tecnificación de Wáter-polo

20190715_wat_concentracion_fem

Do 10 ao 13 de xullo, a Federación Galega de Natación, no seu Plan de Tecnificación, realizou unha selección de 2 xogadoras, despois dunha serie de concentracións, como xa ocorreu no mes de abril coa sección masculina, onde se lles deu a oportunidade de realizar unha concentración cun dos clubes máis potentes de España, o Club Natació Sabadell.

Despois dunha serie de conversacións cos técnicos e directivos do clube, a federación chegou a un acordo que enmarcaremos dentro deste novo plan e detallaremos máis adiante. Andrea Andión e Izaskun Tellería (C. W. Pontevedra), participaron nesta actividade xunto co noso Director Técnico Enrique García. Despois de 4 intensos días de réxime de adestramento co equipo Cadete Feminino do C. N. Sabadell, o cal foi Campión de Cataluña e disputará a próxima semana o Campionato de España Cadete Feminino, as xogadoras tiveron a oportunidade de achegarse ao alto rendemento e a súa rutina de adestramento, dando en todo momento o nivel.

Isto ten que supoñer un extra de motivación para todas as xogadoras galegas, pois o obxectivo deste proxecto é poder realizar máis actividades destas características, e que unha vez finalizan a categoría infantil, seguirán sendo seguidas polos nosos técnicos federativos.

Agradecemos en particular as xestións e o trato de Enric Arnella, principal responsable de que esta actividade se puidese levar a cabo, David Palma, adestrador do primeiro equipo, pola súa acollida e trato, e por suposto a Ferran Plana, con quen se iniciou este proxecto e todo o corpo técnico do clube, que estiveron atentos en todo momento. Agradecer a nivel de directiva especialmente a Xavi Balaguer, pola súa facilidade para realizar os adestramentos e abrirnos as portas do clube. Igualmente agradecer a todo o persoal do C. N. Sabadell, pois fixeron que nos sentísemos como na casa, sendo acollidos dunha forma magnífica.

Este foi o comezo dunha serie de actividades que a Federación impulsará de fronte mellorar o nivel do wáter-polo en Galicia a medio prazo.