Durante todo o mes de agosto, a sede da FEGAN permanecerá pechada por vacacións.
Poden contactar a través do correo electrónico info@fegan.org.
Convócase en Vigo un curso de Monitor (ENE) que se celebrará nos meses de setembro e outubro. O prazo de inscripción remata o 10 de setembro de 2026 e as probas de acceso serán o sábado 12 de setembro ás 10:00 h na piscina do CUVI.
Segundo se establece nas bases que regulan a concesión de bolsas en réxime de concorrencia competitiva de tecnificación e rendemento deportivo para o CGTD de Pontevedra para o curso 2026-27, publícanse as solicitudes recibidas para natación e natación artística..
Convócase a Fase Común do Curso de Adestrador Auxiliar que se celebrará en Pontevedra do venres 26 de xuño ao sábado 11 de xullo (exame final sábado 18 de xullo).
Os requisitos para acceder ao curso son ter 18 anos cumpridos e estar en posesión do título de Monitor RFEN expedido.
O prezo do curso é de 561 € e as clases impartiranse no CGTD de Pontevedra os venres de 15.30 h a 20.30 h, sábados de 09.00 h a 14.00 h e 15.30 h a 20.30 h, e domingos de 09.00 h a 14.00 h.
Para os alumnos que non residan en Pontevedra, cabe a posibilidade de realizar o curso en réxime de dispensa de asistencia a clase e asistindo unicamente ao exame final.
Os interesados en facer o curso deben enviar un correo electrónico a info@fegan.org cos seus datos (nome, apelidos e número de teléfono) antes do venres 19 de xuño para, unha vez confirmada a realización do curso, recibir a documentación necesaria para a matrícula e a ligazón para facer o pago.
Aquelas persoas que estean en posesión do título de Licenciado/Graduado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte, teñen exenta a Fase Común na súa totalidade, podendo acceder directamente á Fase Específica do Curso de Adestrador Auxiliar.
Juan Carlos Brión (presidente da Fegan) e Paula Conde (directora de CDU Vigo), firmaron un convenio de colaboración para promover e fomentar a Natación en Galicia ofrecéndolle condicións especiais aos deportistas con licenza coa FEGAN e que estean cursando estudios universitarios na UVIGO, para o uso das instalacións e servizos de CDU Vigo, como parte da súa preparación e desenvolvemento deportivo.
Convócase en Santiago de Compostela un curso de Monitor (ENE) que se celebrará no mes de xaneiro.
O prazo de inscripción remata o 7 de xaneiro de 2026 e as probas de acceso serán o venres 9 de xaneiro ás 16:00 h na piscina Universitaria.
A Federación Galega de Natación asina un convenio coa Clínica de Psicoloxía Daniel Caamaño Gómez.
Dende a Federación Galega de Natación (FEGAN) anunciamos con orgullo a firma dun acordo de colaboración coa Clínica de Psicoloxía Daniel Camaño Gómez, co obxectivo de ofrecer aos nosos deportistas federados un servizo especializado en psicoloxía sanitaria e deportiva.
A través deste convenio, os nadadores federados poderán acceder a un acompañamento psicolóxico integral que inclúe:
Asesoramento psicolóxico individualizado, centrado nas necesidades persoais e deportivas de cada atleta.
Xestión de #o #estrés e a presión competitiva, axudando a canalizar as emocións e manter a calma en momentos decisivos.
Estruturación mental e planificación de obxectivos, para mellorar a concentración, a constancia e a eficacia no adestramento.
Motivación e autoconfianza, potenciando os recursos internos que favorecen o rendemento e o benestar.
Autocuidado e equilibrio emocional, especialmente #ante a esixencia e o compromiso que require o deporte de alto nivel.
Apoio a deportistas de clubs e alto rendemento, con ferramentas prácticas para optimizar o seu potencial e gozar do proceso deportivo.
Con esta colaboración, desde FEGAN reforzamos o noso compromiso coa saúde mental, a calidade de vida e o benestar integral do deportista, entendendo que o rendemento non só depende do corpo, senón tamén da mente.
Hoxe celebrouse en Madrid a Gala da Natación Española, na que se premian os méritos a persoas e entidades da última tempada.
No estamento de deportistas recibiu medalla ao mérito deportivo Paula Otero (CN Arteixo), pola medalla de prata no 3 kms. Knockout do Campionato de Europa Absolutos – Stari Grad (Croacia) de Augas Abertas.
Medalla servicios distinguidos:
En la categoría de BRONCE Sandra Montes, estamento técnicos, Federación Galega.
Diploma de Honor:
O Concello de Pontevedra, pola extraordinaria labor deportiva e social a favor de calquera disciplina da RFEN.
No estamento de deportistas tamén recibe medalla ao mérito deportivo, Daniela Suárez (CNA Galaico Pontevedra), por as medallas optidas no Campionato de Europa júnior - Atenas (2025) de Natación Artística pero otorgaranlla no próximo campionato nacional correspondente a sua categoría.
O 3 de outubro, terá lugar en Madrid a Gala da Natación Española, na que se premian os méritos a persoas e entidades da última tempada, na que haberá representantes da Federación Galega.
No estamento de deportistas reciben medalla ao mérito deportivo, Daniela Suárez (CNA Galaico Pontevedra), por as medallas optidas no Campionato de Europa júnior - Atenas (2025) de Natación Artística e Paula Otero (CN Arteixo), pola medalla de prata no 3 kms. Knockout do Campionato de Europa Absolutos – Stari Grad (Croacia) de Augas Abertas.
Recibirá Diploma de Honor:
O Concello de Pontevedra, pola extraordinaria labor deportiva e social a favor de calquera disciplina da RFEN.
Medalla servicios distinguidos:
En la categoría de BRONCE-8 Sandra Montes, estamentos técnicos, Federación Galega..
Convócase en A Coruña un curso de Monitor (ENE) que se celebrará no mes de outubro.
O prazo de inscrición remata o xoves 2 de outubro e as probas de acceso serán o sábado 4 de outubro ás 17:00 h na piscina do Sporting Club Casino de A Coruña.




























