Asemblea Xeral ordinaria 2023

Convocatoria da Asemblea Xeral ordinaria 2023 que se celebrará o vindeiro sábado 14 de outubro ás 10:00 en primeira convocatoria, 10:30 en segunda, no Salón de Actos do Polideportivo de Elviña.

Convocatoria.

Distincións RFEN

20230913_nat_premiados_gala.jpg

O venres 6 de outubro, terá lugar en Madrid a Gala da Natación Española, na que se premian os méritos a persoas e entidades da última tempada, na que haberá representantes da Federación Galega.

Recibirán medallas de servizos distinguidos:

No estamento de árbitros, Patricio Sánchez do CGA en categoría de prata.

No estamento de adestradores, Fernando Zarzosa, adestrador do CGTD, en categoría de bronce.

20230913_nat_premiados_gala2.jpg

No estamento de deportistas, reciben medalla ao mérito deportivo por as medallas optidas no Campionato do Mundo Infantil de Natación Artística en Atenas 2023, Helena López (RCN de Vigo) e Daniela Suárez (CN Galaico). Estes premios non se otorgarán durante a Gala, senón ao rematar a tempada deportiva.

Todos os premiados.

Resolución das prazas de natación e natación artística no CGTD para a tempada 2023-24

Resolución da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, pola que se publica a concesión das prazas para os grupos de tecnificación e de rendemento deportivo para o Centro Galego de Tecnificación Deportiva para a tempada 2023/24.

Resolución definitiva.

Private: Título de proba

20230902_art_helena

Contido de proba

Listaxe provisonal de avaliación de solicitude de bolsas do CGTD

A Secretaría Xeral para o Deporte publica as listaxes provisionais das solicitudes presentadas ao abeiro da Resolución do 3 de xullo de 2023 (DOG 13.07.2023), pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de prazas, en réxime de concorrencia competitiva, de tecnificación e rendemento deportivo para o Centro Galego de Tecnificación Deportiva para a tempada 2023/24.

Solicitudes rendimento.

Solicitudes tecnificación.

Solicitude de bolsas no CGTD de Natación e Natación Artística

Segundo se establece nas bases que regulan a concesión de bolsas, en réxime de concorrencia competitiva, de tecnificación e rendemento deportivo para o CGTD de Pontevedra para o curso 2023-24, publícanse as solicitudes recibidas para natación e natación artística..

Ver listaxe de solicitudes.

Vacacións na oficina da FEGAN

Durante todo o mes de agosto, a sede da FEGAN permanecerá pechada por vacacións.

Poden contactar a través do correo electrónico info@fegan.org.

Solicitude de bolsas no CGTD de Natación Artística e Natación

Ábrese o prazo de solicitude do bolsa para o curso 2023/24 no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra nas modalidades de Natación e Natación Artística.

O prazo de envío de solicitudes á Federación remata o luns 31 de xullo.

Documentación de solicitudes.

Orde pola que se establecen as bases reguladoras.

Curso de Entrenador Auxiliar - Fase Común

Convócase a Fase Común do Curso de Adestrador Auxiliar que se celebrará en Pontevedra entre o 26 de maio e o 17 de xuño (exame final 24 de xuño).

Os requisitos para acceder ao curso son ter 18 anos cumpridos e estar en posesión do título de Monitor RFEN expedido.

O prezo do curso é de 547 € e as clases impartiranse no CGTD de Pontevedra os venres de 15:30 a 18:00 h, sábados de 09:00 a 14:00 e 16:00 a 18:30 h, e domingos de 09:00 h a 14:00 h.

Para os alumnos que non residan en Pontevedra, cabe a posibilidade de realizar o curso en réxime de dispensa de asistencia a clase e asistindo unicamente ao exame final.

Os interesados en facer o curso deben enviar un correo electrónico a info@fegan.org antes do venres 19 de maio para recibir a documentación necesaria para a matrícula.

Aquelas persoas que estean en posesión do título de Licenciado/Graduado en Ciencias da Actividade Física teñen exenta a Fase Común I na súa totalidade, podendo acceder directamente á Fase Específica do Curso de Adestrador Auxiliar.

Normativa

Composición do Equipo Nacional Absoluto (ENA)

20230413_nat_ena

A Dirección do Equipo Nacional de Natación e Augass Abiertas deu a coñecer a nova composición da ENA, Equipo Nacional Absoluto, e as competición de referencia para o 2º ciclo 2022/23.

Carla Carrón (CN Ponteareas), Paula Otero (CN Arteixo) e María de Valdés (CN Liceo) formarán parte dela. Tamén está convocado o nadador galego Miguel Martinez (Real Canoe).

20230413_nat_lista

Toda a información.