FEGAN - Aviso Legal.
Convócase a Fase Común do Curso de Adestrador Auxiliar que se celebrará na Coruña do sábado 19 de outubro ao domingo o 10 de novembro. As fins de semana nos que haberá clases serán: 19-20 outubro, 26-27 de outubro e 9-10 de novembro. O exámen final será o domingo 17 de novembro.
Os requisitos para acceder ao curso son ter 18 anos cumpridos e estar en posesión do título de Monitor RFEN expedido.
O prezo do curso é de 547,45 € e as clases impartiranse no Polideportivo de Elviña os sábados de 09:00 h a 14:00 h e 16:00 h a 21:00 h, e domingos de 09:00 h a 14:00 h e 16:00 h a 21:00 h.
Para os alumnos que non residan na Coruña, cabe a posibilidade de realizar o curso en réxime de dispensa de asistencia a clase e asistindo unicamente ao exame final.
Os interesados en facer o curso deben enviar un correo electrónico a info@fegan.org cos seus datos (nome, apelidos e número de teléfono) antes do mércores 10 de outubro para, unha vez confirmada a realización do curso, recibir a documentación necesaria para a matrícula e a ligazón para facer o pago.
Aquelas persoas que estean en posesión do título de Licenciado/Graduado en Ciencias da Actividade Física e Deporte teñen exenta a Fase Común I na súa totalidade, podendo acceder directamente á Fase Específica do Curso de Adestrador Auxiliar.