Convócase a Fase Común do Curso de Adestrador Auxiliar que se celebrará en Pontevedra do venres 26 de xuño ao sábado 11 de xullo (exame final sábado 18 de xullo).
Os requisitos para acceder ao curso son ter 18 anos cumpridos e estar en posesión do título de Monitor RFEN expedido.
O prezo do curso é de 561 € e as clases impartiranse no CGTD de Pontevedra os venres de 15.30 h a 20.30 h, sábados de 09.00 h a 14.00 h e 15.30 h a 20.30 h, e domingos de 09.00 h a 14.00 h.
Para os alumnos que non residan en Pontevedra, cabe a posibilidade de realizar o curso en réxime de dispensa de asistencia a clase e asistindo unicamente ao exame final.
Os interesados en facer o curso deben enviar un correo electrónico a info@fegan.org cos seus datos (nome, apelidos e número de teléfono) antes do venres 19 de xuño para, unha vez confirmada a realización do curso, recibir a documentación necesaria para a matrícula e a ligazón para facer o pago.
Aquelas persoas que estean en posesión do título de Licenciado/Graduado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte, teñen exenta a Fase Común na súa totalidade, podendo acceder directamente á Fase Específica do Curso de Adestrador Auxiliar.




















