FEGAN - Aviso Legal.
Sergio Campos Varela, nadador do CN Coruña, é bolseiro no CGTD do mesmo xeito que Marcos García Soto, o seu compañeiro galego na Selección Española de Natación.
Ambos representarán a España nestes XVIII Xogos Mediterráneos de Tarragona do 22 de xuño ao 1 de xullo, formando parte deses 4.000 deportistas de 26 nacionalidades diferentes que competirán en 33 disciplinas deportivas.
Para Sergio tamén será a súa primeira convocatoria coa Selección Española, unha vez cumpridos os 22 anos. A pesar da súa curta idade, leva uns anos destacando a nivel nacional absoluto.
Marcos García Soto, nadador do C. N. Ferrol e bolseiro no CGTD, representará a España nos XVIII Xogos Mediterráneos de Tarragona 2018. Cumpridos os 30 anos chegou a súa primeira convocatoria coa Selección Española, a pesar da súa longa traxectoria destacando moito a nivel nacional absoluto, cunha longa colección de medallas e Récords Galegos.
Finalmente, poderemos gozar da súa presenza nuns xogos olímpicos do Mediterraneo; será do 22 de xuño ao 1 de xullo, formando parte deses 4 000 deportistas de 26 nacionalidades diferentes que competirán en 33 disciplinas deportivas.
Iniciamos unha serie de entrevistas as cales iremos poñendo aquí, agardamos que sexan de interese:
2018-06-29 Paula Otero Fernández