Coñece a... Sergio Varela Campos

20180614_sergio_campos_varela

Sergio Campos Varela, nadador do CN Coruña, é bolseiro no CGTD do mesmo xeito que Marcos García Soto, o seu compañeiro galego na Selección Española de Natación.

Ambos representarán a España nestes XVIII Xogos Mediterráneos de Tarragona do 22 de xuño ao 1 de xullo, formando parte deses 4.000 deportistas de 26 nacionalidades diferentes que competirán en 33 disciplinas deportivas.

Para Sergio tamén será a súa primeira convocatoria coa Selección Española, unha vez cumpridos os 22 anos. A pesar da súa curta idade, leva uns anos destacando a nivel nacional absoluto.

Ler máis.