Tecnificación de natación: 4ª xornada GES

20180312_nat_tecnificacion_ges_x4

O venres levouse a cabo na piscina do CGTD a cuarta xornada de tecnificación de natación do Grupo Especial de Seguimento ao que se uniron nadadores convocados coa Selección galega que participará no Campionato de España Alevín por CCAA.

Convocatoria Cto. España de Naatación Alevín por CCAA

Convocatoria da Selección Galega para o Campionato de España de Natación categoría idade escolar por CCAA - CSD que se disputa en Castellón os días 17 e 18 de marzo.

Ver convocatoria

Tecnificación de wáter-polo

20180214_wat_tecnificacion_selec_fem

20180214_wat_tecnificacion_selec_mas

Intensa actividade de Tecnificación de Wáter-polo Infantil os días de entroido. O luns foi a quenda do combinado feminino, cunha dobre sesión de mañá e tarde, onde as xogadoras galegas realizaron partidos e corrixiron aspectos do xogo. Pola súa banda os rapaces realizaron sa súa actividade o martes, cunha estrutura similar. Todo elo de cara á preparación do vindeiro Campionato de España por Autonomías que se celebrará en pouco máis dun mes.

Tecnificación de Natación. 3ª xornada GES

O venres levouse a cabo na piscina do CGTD, a terceira xornada de tecnificación de natación de natación do Grupo Especial de seguimento, que despois das novas incorporacións, forman 23 deportistas.

Ler máis.

Tecnificación Natación - Programa seguimento

Dentro da actividade de tecnificación de natación vaise iniciar un programa de seguimento. O propósito xeral deste programa Grupo Especial de Seguimento (GES) é o apoio na formación dos nadadores novos para un futuro desenvolvemento competitivo e a actualización continua dos seus adestradores, aproveitando a estrutura do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) para realizar distintas sesións de adestramento.

A participación nesta actividade será a traveso de convocatoria/invitación os deportistas seleccionados polos técnicos responsables do programa, e os seus clubes e adestradores, para que comuniquen o seu consentimento/compromiso.

Preme aquí par descargar o Programa GES.

Xornada de tecnificación de Sincro

20170522_sin_tecnificacioin_x4

Esta fin de semana celebrouse na piscina Rías do Sur de Pontevedra unha nova xornada de tecnificación de natación sincronizada dirixida por Flor Rodrigo. Esta actividade desenvolveuse en tres sesións. O sábado pola mañá para a categoría infantil, pola tarde para a categoría xuvenil e o domingo pola mañán, para a categoría alevín.

Xornada de tecnificación de Sincro

20170220_sin_tecnificacion_x1

O domingo celebrouse na piscina Rías do Sur de Pontevedra a 1ª xornada de tecnificación de Natación Sincronizada dirixida por Flor Rodrigo, para as categorías alevín, infantil e xuvenil. Nesta primeira xornada as nadadoras tiveron que facer as probas de selección para configurar os grupos definitivos de cada categoría.

María Vilas en Sierra Nevada co Equipo Nacional

Maria Vilas

A nadadora María Vilas Vidal do CN Riveira e bolseira do CGTD, está convocada para participar nunha concentración de preparación en altitude co Equipo Nacional Absoluto. Esta concentración vaise levar a cabo do 16 de febreiro ao 15 de marzo no CAR de Sierra Nevada.

A esta actividade tamén está convocada Luisa Dominguez, adestradora de natación do CGTD, como integrante do cadro técnico do 9 ao 15 de marzo.

Concentración de wáter-polo infantil

O pasado sábado tivo lugar unha nova concentración de wáter-polo infantil. Nesta ocasión xuntáronse os xogadores de segundo ano que previamente pasaron o filtro coas diferentes concentracións Norte e Sur.

A xornada comezou cun traballo orientado cara aspectos técnicos básicos, para deixar paso a unha parte competitiva onde tiveron a oportunidade de disputar un partido contra o equipo cadete do Club Waterpolo Galaico Pontevedra.

Concentración de wáter-polo infantil

Este sábado día 20 de decembro pola mañá celébrase a terceira concentración da categoría infantil (ano 2001) de wáter-polo nas instalacións do CGTD en Pontevedra.

Preme aquí para ver a convocatoria.