Tecnificación Natación - Programa seguimento

Dentro da actividade de tecnificación de natación vaise iniciar un programa de seguimento. O propósito xeral deste programa Grupo Especial de Seguimento (GES) é o apoio na formación dos nadadores novos para un futuro desenvolvemento competitivo e a actualización continua dos seus adestradores, aproveitando a estrutura do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) para realizar distintas sesións de adestramento.

A participación nesta actividade será a traveso de convocatoria/invitación os deportistas seleccionados polos técnicos responsables do programa, e os seus clubes e adestradores, para que comuniquen o seu consentimento/compromiso.

Preme aquí par descargar o Programa GES.