Concentración de wáter-polo infantil

O pasado sábado tivo lugar unha nova concentración de wáter-polo infantil. Nesta ocasión xuntáronse os xogadores de segundo ano que previamente pasaron o filtro coas diferentes concentracións Norte e Sur.

A xornada comezou cun traballo orientado cara aspectos técnicos básicos, para deixar paso a unha parte competitiva onde tiveron a oportunidade de disputar un partido contra o equipo cadete do Club Waterpolo Galaico Pontevedra.