María Vilas en Sierra Nevada co Equipo Nacional

Maria Vilas

A nadadora María Vilas Vidal do CN Riveira e bolseira do CGTD, está convocada para participar nunha concentración de preparación en altitude co Equipo Nacional Absoluto. Esta concentración vaise levar a cabo do 16 de febreiro ao 15 de marzo no CAR de Sierra Nevada.

A esta actividade tamén está convocada Luisa Dominguez, adestradora de natación do CGTD, como integrante do cadro técnico do 9 ao 15 de marzo.