Esta fin de semana celebrouse na piscina Rías do Sur de Pontevedra unha nova xornada de tecnificación de natación sincronizada dirixida por Flor Rodrigo. Esta actividade desenvolveuse en tres sesións. O sábado pola mañá para a categoría infantil, pola tarde para a categoría xuvenil e o domingo pola mañán, para a categoría alevín.