Liga masculina primeira división: cos encontros desta fin de semana, rematou a Fase Regular da 1ª división. Foron dúas vitorias a domicilio do CN Coruña na súa visita ao RCN Vigo e do CW Galaico Pontevedra na súa visita ao C Marina Ferrol. A clasificación quedou encabezada polo CW Galaico Pontevedra, segundo o CN Coruña, terceiro o CW Santiago, cuarto o C Marina Ferrol e quinto o RCN Vigo. A vindeira fin de semana comezan a disputarse os play-off: CW Galaico Ponteveda contra C Marina Ferrol e CN Coruña contra CW Santiago.
Liga masculina segunda división: vitoria a domicilio do CW Santiago B na súa visita ao CW Umia.
Liga infantil: o CW Galaico Pontevedra proclamouse Campión da Liga Infantil ao vencer a domicilio na súa visita ao C Marina Ferrol. No outro encontro disputado en Vigo houbo vitoria local do RCN Vigo diante do CN Coruña.
Liga alevín: vitoria a domicilio do CW Galaico Pontevedra na súa visita ao C Marina Ferrol e empate entre o RCN Vigo e o CN Coruña.
O sábado 15 de marzo levarase a cabo unha xornada de tecnificación de Water-polo nas instalacións do CGTD de Pontevedra con diferentes actos.
Unha das actividades está encadrada dentro do Plan Nacional de Tecnificación Deportiva, para deportistas de categoría cadete e dirixida polo coordinador nacional da RFEN Antonio Aparicio, que ademais terá unha charla técnica cos adestradores de clubes galegos.
A outra e a VII xornada de adestramento da Selección Infantil na súa preparación do Campionato de España Infantil por FFTT
Preme aquí para ver a convocatoria da categoría cadete.
Preme aquí para ver a convocatoria da xornada VII da selección infantil.
Nos encontros das diferentes categorías da Liga de Wáter-polo xogada a fin de semana, déronse os seguintes resultados:
Liga masculina primeira división: empate entre o CN Coruña e o CW Santiago no partido disputado en INEF.
Liga masculina segunda división: vitorias locais do CW Pabellón Ourense diantre do CN Coruña B, e do C Marina Ferrol B diante do CW Galaico Pontevedra B.
Liga cadete: vitoria local do C Marina Ferrol diante do CW Galaico Pontevedra, e vitorias a domicilio do CW Santiago na súa visita ao CN Coruña e do RCN Vigo na súa visita ao Asociación Coruñesa de Waterpolo.
Liga infantil: vitoria a domicilio do RCN Vigo na súa visita ao Asociación Coruñesa de Waterpolo.
Liga alevín: vitoria local do CN Coruña diante do CW Santiago e vitoria a domicilio do RCN Vigo na súa visita ao Asociación Coruñesa de Waterpolo.
A fin de semana disputáronse varios encontros correspondentes ás diferentes categorías da Liga Galega de Wáter-polo, cos seguintes resultados:
Liga masculina primeira división: vitoria local do CN Coruña diante do C Marina Ferrol e empate entre CW Santiago e CW Galaico Pontevedra no partido disputado en Santa Isabel.
Liga infantil: vitorias a domicilio do C Marina Ferrol na súa visita ao CN Coruña e do CW Galaico Pontevedra ante o CW Santiago.
Liga alevín: vitoria local do CN Coruña diante do C Marina Ferrol e vitoria a domicilio do CW Galaico Pontevedra na súa visita ao CW Santiago.
Liga benxamín: vitoria a domicilio do CW Galaico Pontevedra na súa visita ao CW Santiago.
Nos encontros das diferentes categorías da Liga Galega de Wáter-polo disputada esta semana, déronse os seguintes resultados:
Liga masculina segunda división: vitoria local do CW Umia diante do CW Pabellón Ourense, e vitoria a domicilio do CW Santiago B na súa visita ao C Marina Ferrol B.
Liga alevín: vitoria local do C Marina Ferrol diante do CW Santiago.
O CN Coruña proclamouse Campión da Supercopa de Waterpolo feminina ao impoñerse ao CW Galaico Pontevedra na quenda de penaltis (3-2), despois dun empate a 6 goles ao remate do encontro disputado na piscina de Santa Isabel.
O CN Coruña proclamouse na piscina de Santa Isabel en Santiago, Campión Galego de Water-polo Xuvenil, ao impoñerse na final ao RCN Vigo. No partido polo 3º e 4º posto, o CW Galaico Pontevedra impúxose ao CW Santiago.
Este vindeiro sábado dispútase na piscina de Santa Isabel (Santiago de Compostela) o Campionato Galego Xuvenil e a Supercopa Feminina de Water-polo.
No Campionato Xuvenil participan 4 equipos: CW Galaico Pontevedra, RCN Vigo, CN Coruña e o anfitrión CW Santiago. Na xornada de mañá, a partir das 10:30 h, disputaranse as semifinais e pola tarde o partido polo 3º e 4º posto e a final.
Na xornada de tarde, tamén se disputa a Supercopa Feminina entre o CW Galaico Pontevedra e o CN Coruña.
Nos encontros das diferentes categorías da Liga Galega de Wáter-polo disputados a fin de semana, déronse os seguintes resultados:
Liga masculina primeira división: empate entre o CW Santiago e o CN Coruña, no encontro disputado en Santa Isabel, e vitoria local do C Marina Ferrol diante do RCN Vigo.
Liga cadete: vitoria a domicilio do RCN Vigo na súa visita ao C Marina Ferrol.
Liga infantil: vitoria a domicilio do CN Coruñla na súa visita ao CW Santiago e victoria local do C Marina Ferrol diante do RCN Vigo.
Liga alevín: vitoria a domicilio do RCN Vigo na súa visita ao C Marina Ferrol.
Nos encontros da Liga de Water-polo das diferentes categorías disputados o fin de semana, déronse os seguintes resultados:
Liga masculina Segunda División: vitorias locais do CW Galaico Pontevedra B diante do CW Umia e do CN Coruña B diante do C Marina Ferrol B. Empate entre CW Pabellón Ourense e CW Santiago B.
Liga cadete: vitoria local do CW Galaico Pontevedra diante do Asociación Coruñesa de Waterpolo e vitorias a domicilio do C Marina Ferrol na súa visita ao CN Coruña e do CW Santiago na súa visita ao Asociación Coruñesa de Waterpolo.
Liga infantil: vitorias locais do CW Galaico Pontevedra diante do Asociación Coruñesa de Waterpolo e do Asociación Coruñesa de Waterpolo diante do CW Santiago.
Liga alevín: vitoria local do CW Galaico Pontevedra diante do Asociación Coruñesa de Waterpolo e vitoria a domicilio do CW Santiago na súa visita ao Asociación Coruñesa de Waterpolo.























