Campionato Galego Xuvenil e Supercopa Feminina de Wáter-polo

Este vindeiro sábado dispútase na piscina de Santa Isabel (Santiago de Compostela) o Campionato Galego Xuvenil e a Supercopa Feminina de Water-polo.

No Campionato Xuvenil participan 4 equipos: CW Galaico Pontevedra, RCN Vigo, CN Coruña e o anfitrión CW Santiago. Na xornada de mañá, a partir das 10:30 h, disputaranse as semifinais e pola tarde o partido polo 3º e 4º posto e a final.

Na xornada de tarde, tamén se disputa a Supercopa Feminina entre o CW Galaico Pontevedra e o CN Coruña.

Sorteos Campionato Galego de Wáter-polo Xuvenil

Sorteos Supercopa de Wáter-polo Xuvenil