Liga Galega de Wáter-polo (8 e 9 de marzo de 2014)

Nos encontros das diferentes categorías da Liga de Wáter-polo xogada a fin de semana, déronse os seguintes resultados:

Liga masculina primeira división: empate entre o CN Coruña e o CW Santiago no partido disputado en INEF.

Liga masculina segunda división: vitorias locais do CW Pabellón Ourense diantre do CN Coruña B, e do C Marina Ferrol B diante do CW Galaico Pontevedra B.

Liga cadete: vitoria local do C Marina Ferrol diante do CW Galaico Pontevedra, e vitorias a domicilio do CW Santiago na súa visita ao CN Coruña e do RCN Vigo na súa visita ao Asociación Coruñesa de Waterpolo.

Liga infantil: vitoria a domicilio do RCN Vigo na súa visita ao Asociación Coruñesa de Waterpolo.

Liga alevín: vitoria local do CN Coruña diante do CW Santiago e vitoria a domicilio do RCN Vigo na súa visita ao Asociación Coruñesa de Waterpolo.

Ler máis.