Liga Galega de Wáter-polo (8 e 9 de febreiro de 2014).

Nos encontros da Liga de Water-polo das diferentes categorías disputados o fin de semana, déronse os seguintes resultados:

Liga masculina Segunda División: vitorias locais do CW Galaico Pontevedra B diante do CW Umia e do CN Coruña B diante do C Marina Ferrol B. Empate entre CW Pabellón Ourense e CW Santiago B.

Liga cadete: vitoria local do CW Galaico Pontevedra diante do Asociación Coruñesa de Waterpolo e vitorias a domicilio do C Marina Ferrol na súa visita ao CN Coruña e do CW Santiago na súa visita ao Asociación Coruñesa de Waterpolo.

Liga infantil: vitorias locais do CW Galaico Pontevedra diante do Asociación Coruñesa de Waterpolo e do Asociación Coruñesa de Waterpolo diante do CW Santiago.

Liga alevín: vitoria local do CW Galaico Pontevedra diante do Asociación Coruñesa de Waterpolo e vitoria a domicilio do CW Santiago na súa visita ao Asociación Coruñesa de Waterpolo.

Ler máis.