Concentración de wáter-polo infantil

O pasado sábado tivo lugar unha nova concentración de wáter-polo infantil. Nesta ocasión xuntáronse os xogadores de segundo ano que previamente pasaron o filtro coas diferentes concentracións Norte e Sur.

A xornada comezou cun traballo orientado cara aspectos técnicos básicos, para deixar paso a unha parte competitiva onde tiveron a oportunidade de disputar un partido contra o equipo cadete do Club Waterpolo Galaico Pontevedra.

Wáter-polo: Oscar Montes e Enrique García convocados pola RFEN

Foto. O xogador do Club Marina Ferrol, Oscar Montes, foi convocado para un seguimento personalizado pola Real Federación Española de Natación dentro do Plan Nacional de Tecnificación Derportiva. Esta concentración terá lugar do día 1 ao 4 de decembro no CAR de Sant Cugat.

Ademais, Enrique García, Secretario Técnico de Wáter-Polo da FEGAN, foi convocado como adestrador axudante a unha concentración con Holanda, co Equipo de Wáter-polo Xuvenil Feminino no CAR de Sant Cugat do 1 ao 4 de decembro.

Segundas concentracións de Wáter-polo

Foto Sergio Fernández Esta fin de semana celébranse varias concentracións dentro do programa de tecnificación de Wáter-Polo en diferentes categorías:

Sábado 22 Feminina (Xuvenil-Cadete-Infantil-Alevin) no CGTD de Pontevedra.

Domingo 23 Infatil (Clubes zona Sur) na piscina Rías do Sur de Pontevedra,

Domingo 23 Infantil (Clubes zona Norte) na piscina do CD J Gómez Noya en Ferrol.

Bea Gómez en la Residencia Blume de Madrid

La nadadora Beatriz Gómez Cortés, del CN Galaico y hasta ahora becada en el CGTD de Pontevedra, cambia su lugar de entrenamiento y residencia, pasando a integrarse el el grupo de deportistas de la Real Federación Española de Natación con beca deportiva en el Centro de Alto Rendimiento "Joaquín Blume" de Madrid, con el técnico Bartosz Kizierowski.

Inicio do curso no CGTD

Este luns comezou o curso no Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) de Pontevedra, no que adestrarán un total de 14 nadadores entre tecnificación e rendemento, baixo a dirección de Luisa Domínguez e Fernando Zarzosa.

O grupo de tecnificación está integrado por: Gaspar Andrade Budiño (CN Arzúa), Xabier Carneiro Viqueira (AD Liceo), Nuria Erselle Martínez (CN Galaico), Lara Gómez Cortés (CN Galaico), Paula Goyanes García (CN Galaico), Tomás Manso Fraga (C Marina Ferrol), Clara Otero Pérez (CN Riveira), Alejandro Passaretti Pereira (CD Cidade de Santiago), Daniel Sánchez Louzán (CN Galaico) e Manuel Tomé Sanles (CN Riveira).

O grupo de rendemento está integrado por: Sergio Campos Varela (CN Coruña), Marcos García Soto (CN Ferrol), Beatriz Gómez Cortés (CN Galaico) e María Vilas Vidal (CN Riveira).