Inicio do curso no CGTD

Este luns comezou o curso no Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) de Pontevedra, no que adestrarán un total de 14 nadadores entre tecnificación e rendemento, baixo a dirección de Luisa Domínguez e Fernando Zarzosa.

O grupo de tecnificación está integrado por: Gaspar Andrade Budiño (CN Arzúa), Xabier Carneiro Viqueira (AD Liceo), Nuria Erselle Martínez (CN Galaico), Lara Gómez Cortés (CN Galaico), Paula Goyanes García (CN Galaico), Tomás Manso Fraga (C Marina Ferrol), Clara Otero Pérez (CN Riveira), Alejandro Passaretti Pereira (CD Cidade de Santiago), Daniel Sánchez Louzán (CN Galaico) e Manuel Tomé Sanles (CN Riveira).

O grupo de rendemento está integrado por: Sergio Campos Varela (CN Coruña), Marcos García Soto (CN Ferrol), Beatriz Gómez Cortés (CN Galaico) e María Vilas Vidal (CN Riveira).