Wáter-polo: Oscar Montes e Enrique García convocados pola RFEN

Foto. O xogador do Club Marina Ferrol, Oscar Montes, foi convocado para un seguimento personalizado pola Real Federación Española de Natación dentro do Plan Nacional de Tecnificación Derportiva. Esta concentración terá lugar do día 1 ao 4 de decembro no CAR de Sant Cugat.

Ademais, Enrique García, Secretario Técnico de Wáter-Polo da FEGAN, foi convocado como adestrador axudante a unha concentración con Holanda, co Equipo de Wáter-polo Xuvenil Feminino no CAR de Sant Cugat do 1 ao 4 de decembro.