O XXII Circuíto Galego DPO Arzúa-Ulloa de Augas Abertas chega ao seu fin este domingo despois de 10 etapas. A última será en Ribeira, no porto deportivo, co Desafío Fegan.
Esta etapa pertence ao circuíto galego e tamén é a cuarta do circuíto Luso Galaico. Contarase co mellor da natación galega e coa presenza da olímpica Angélica Angé e mais do internacional Francisco Amaral, da ANNP.
A presentación tivo lugar esta mañá nas instalacións do Porto Deportivo de Ribeira. Estiveron: María José Sampedro, alcaldesa de Ribeira; Jose Luis Torras Colomer, presidente do Club Náutico Ribeira ; Álex Vidal, concelleiro de deportes e Juan Carlos Brión, presidente da FEGAN




















