Hoxe presentouse a LIV Travesia Ao Dique que se disputará o sábado 25 de xullo.
Organiza CN Coruña coa colaboración da FEGAN, Concello de A Coruña, Blue Leaders e Denominación de Orixe Protexida Azúa-Ulloa.
No acto estiveron Marta Martínez de Blue Leaders; Ramón Mosquera, Secretario Xeral da FEGAN; Manuel Vázquez, Concelleiro de Deportes de A Coruña; Macu Losada, Vicepresidenta de CN Coruña; Lucía Méndez de CN Coruña e Raúl Solleiro, Presidente de CN Coruña.
Esta travesía é a 2ª Etapa do Circuito Arzúa-Ulloa DOP de Augas Abertas tamén puntuable a X Copa Española de Augas Abertas. Será nas instalacións Marina Coruña, Porto de A Coruña, as 11:00 horas.
Contará coa participación de máis de 250 nadadores das Categorías Alevín, Junior, Absoluto e Máster.

























