XXII Circuíto Galego DOP Arzúa- Ulloa de Augas Abertas

Hoxe presentouse o XXII Circuíto Galego DOP Arzúa- Ulloa de Augas Abertas que organiza a Federación Galega de Natación e por quinto ano consecutivo o Consello Regulador da Denominación de Orixe Arzúa-Ulloa aposta por patrocinalo e darlle nome.

20260529_nat_presentacion

O Acto tivo lugar na Casa da Xuventude de Ribeira.

Contou coa presencia de Juan Carlos Brión, Presidente da Federación Galega de Natación; Óscar Pérez director xerente CRDOP Arzúa-Ulloa; Andrés Carrera, Vogal de Augas Abertas da FEGAN; Alejandro Vidal, Concelleiro de Deportes.

O circuíto constará de 10 etapas. Dará comezo o día 12 de xullo co Campionato Galego de Augas Abertas en Portodemouros (Arzúa) e rematará o 13 de setembro en Ribeira coa etapa final.

Iste ano, ademáis tres das nosas etapas entrarán no “Circuíto Luso-Galaico de Augas Abertas” (CLGAA) que é unha competición na disciplina de Augas Abertas, constituída por cinco probas destinadas a atletas Inscritos en Augas Abertas (AA) e Másters en Augas Abertas na Associação de Natação do Norte de Portugal (ANNP); e Inscritos en Natación e Másters na Federación Galega de Natación (FEGAN).

Todas as etapas