Os nadadores Gaspar Andrade Budiño do CN Arzúa e Manuel Tomé Sanles do CN Riveira, bolseiros do CGTD, están convocados para participar co equipo nacional júnior de augas abertas, nun stage do 30 de outubro ao 4 de novembro no Crol Center de Calella (Barcelona).
A pesar de que a vindeira e derradeira proba do circuíto (a número 12) ten máis de 5000 metros, o que implica que nesta travesía haxa unha puntuación para o gañador de 60 puntos, a vantaxe en canto a puntos fai que a falta da súa celebración, Paula Goyanes García do CN Galaico e Gaspar Andrade Budiño do CN Arzúa se proclamen campións da categoría deportista feminina e masculina respectivamente.
As clasificacións na categoría máster feminina e masculina están abertas polo que os aspirantes terán que loitar até a derradeira proba para acadar o primeiro posto da clasificación. O mesmo pasa coas clasificacións por clubes.
A vindeira fin de semana terán lugar as probas 6 e 7 do circuíto, as dúas terán lugar o sábado día 15 e unha distancia de 2500 metros, sendo pola mañá a travesía da Praia de Coroso e pola tarde a do Concello de Boiro.
As inscricións de ámbalas travesías rematan mañá xoves día 13 as 13:00 horas.
En canto ás clasificacións individuais Paula Goyanes García do CN Galaico encabeza a clasificación Deportistas Feminina, Gaspar Andrade Budiño do CN Arzúa a de Deportistas Masculina, Cristina Calviño Cancela do CN Ponteareas a Máster Feminina e Daniel Nomdedeu Rodal do RCN Vigo a Máster Masculina.
Nas clasificacións por clubes temos o CN Galaico encabezando a clasificación Deportistas Feminina, o CN Ponteareas a de Deportistas Masculina e a Máster Feminina e o RCN Vigo a Máster Masculina.
O nadador Manuel Tomé Sanles do CN Riveira e bolseiro do CGTD está convocado para participar co equipo nacional, nunha concentración previa ao Campionato de Europa Júnior e Infantil de Augas Abertas. Esta concentración será do 1 ao 8 de xullo no CAR de Sant Cugat.
A nadadora María Vilas Vidal do CN Riveira está convocada para participar na 6ª etapa da Copa do Mundo FINA de Augas Abertas que se disputa o 27 de xuño en Setubal (Portugal).
No VI Campionato de España OPEN Máster de Augas Abertas disputado en Banyoles, a nadadora María Ferreira González do CN Máster Mos, proclamouse subcampioa de España nos 3 Km da categoría +25.
Outros nadadores de clubes galegos clasificados entre os 5 primeiros da súa categoría foron:
- Verónica Troncoso González do CN Ponteareas, 4º posto en categoría premaster.
- Santiago Ferrada Castro do CN Máster Mos, 4º psoto en categoría +30.
No XVIII Campionato de España de Augas Abertas OPEN disputado en Banyoles, ademais dos primeiros postos dos nadadores do CN Riveira María Vilas e Manuel Tomé na primeira xornada, María volveu subir ao podio nos 5 Km de categoría absoluta, acadando o terceiro posto.
Outros nadadores clasificados entre os 10 primeiros foron:
- Laura Pimentel Pérez do CN Pabellón, 10º tanto en 10 Km como en 5 Km.
- Carlos Acuña Pesqueira do CN Galaico, 10º en 5Km infantil.
- Agueda Beatriz Cons Gestido do CN Galaico, 4º posto en 5Km infantil.
- Cristian Fernández Nieto do CN Galaico, 8º posto en 5Km absoluto.
- Iria García Pardavila do CN Galaico, 9º posto en 5Km absoluto.
- Gaspar Andrade Budiño do CN Arzúa, 6º posto en 7,5 Km júnior.
- Paula Goyanes García do CN Galaico, 5º posto en 7,5 Km júnior.
Na clasificación por Clubes en categoría feminina, o CN Galaico acadou o 3º posto.
Convocatoria da Selección Galega que participará no Campionato de España de natación por CCAA de categorías júnior e infantil.
Os nadadores deberán ter tramitada a licenza nacional o venres 16 de xaneiro.
Actualizacion 2015-01-22. Muda a convocatoria e engade o plan de viaxe.
La nadadora Beatriz Gómez Cortés, del CN Galaico y hasta ahora becada en el CGTD de Pontevedra, cambia su lugar de entrenamiento y residencia, pasando a integrarse el el grupo de deportistas de la Real Federación Española de Natación con beca deportiva en el Centro de Alto Rendimiento "Joaquín Blume" de Madrid, con el técnico Bartosz Kizierowski.
Nova xornada con mínimas para o Cto de Europa de Bea Gómez e María Vilas, en 400 estilos.
Beatriz Gómez Cortés do CN Galaico e María Vilas Vidal do CN Riveira, integrantes do grupo de alto rendemento do CGTD, acadaron unha nova mínima para participar no Cto de Europa Absoluto en 400 estilos. Bea, cun tempo de 4:40.23 foi terceira e María con 4:41.33 foi cuarta. Bea ademais foi terceira en 200 libre cun tempo de 2:00.55, batendo o Récord Galego Absoluto.
Outros nadadores que acadaron as finais foron:
- Sergio Campos Varela do CN Coruña, posto 11 en 50 costas con 0:26.69.
- Raquel Fernández Teijido do ADN Narón, posto 16 en 100 bolboreta con 1:05.01.
- Marcos García Soto do CN Ferrol foi 7º en 100 bolboreta con 0:54.73.
- Manuel Dávila Lustres do CN Riveira e bolseiro do CGTD, posto 12 en 400 estilos con 4:35.42.
- Saúl Astray Gómez do CDN Ciudad de Santiago, posto 16 en 400 estilos con 4:40.39.