Nova xornada con mínimas para o Cto de Europa de Bea Gómez e María Vilas, en 400 estilos.
Beatriz Gómez Cortés do CN Galaico e María Vilas Vidal do CN Riveira, integrantes do grupo de alto rendemento do CGTD, acadaron unha nova mínima para participar no Cto de Europa Absoluto en 400 estilos. Bea, cun tempo de 4:40.23 foi terceira e María con 4:41.33 foi cuarta. Bea ademais foi terceira en 200 libre cun tempo de 2:00.55, batendo o Récord Galego Absoluto.
Outros nadadores que acadaron as finais foron:
- Sergio Campos Varela do CN Coruña, posto 11 en 50 costas con 0:26.69.
- Raquel Fernández Teijido do ADN Narón, posto 16 en 100 bolboreta con 1:05.01.
- Marcos García Soto do CN Ferrol foi 7º en 100 bolboreta con 0:54.73.
- Manuel Dávila Lustres do CN Riveira e bolseiro do CGTD, posto 12 en 400 estilos con 4:35.42.
- Saúl Astray Gómez do CDN Ciudad de Santiago, posto 16 en 400 estilos con 4:40.39.