Primeira xornada do Campionato Galego de Natación Alevín de Verán que se está disputando este fin de semana na Piscina de Rías do Sur en Pontevedra.
Destacar a Hugo González González de ADN Narón, bateu a Mellor Marca Galega e Mellor Marca Española de 13 anos en 50 bolboreta, Héctor Couce Expósito de RCN de Vigo, MMG 13 anos en 50 costas; Iván Gómez Caneiro de CN Cedeira, MMG 12 anos en 800 e 400 libre e Martín Fouz Rodríguez de CN Portamiñá, MMG 12 anos en 100 braza.
A clasificación ata o momento é a seguinte:.
Categoría Masculina:
1º- CN Portamiñá - 154,00 ptos.
2º- CN Ponteareas - 152,50 ptos.
3º- CN Ferrol - 147,00 ptos.
Categoría Feminina:
1º- CN Ponteareas - 183,00 ptos.
2º- CN Ferrol -179,00 ptos.
3º- CN Portamiñá - 126,50 ptos.
Total:
1º- CN Ponteareas - 335,50 ptos.
2º- CN Ferrol -326,00 ptos.
3º- CN Portamiñá - 280,50 ptos.
Ao comezo da sesión os nadadores do CN Portamiñá recolleron o trofeo ao Campión da Liga Galega de Natación Alevín.






















