Presentación do Campionato Galego Alevín de Natación de Verán que se disputará os días 20 e 21 de xuño na piscina de Rías do Sur (Pontevedra)
No acto estiveron Juan Carlos Brión, presidente da FEGAN; Anabel Gulías, Conselleira de Deportes de Pontevedra; Daniel Benavides, Xefe do Servizo provincial de deportes Xunta de Galicia en Pontevedra; Miguel Anxo Fernández Lores, Alcalde do Concello de Pontevedra; Alberto Castro, Presidente de CN Galaico; Serafín Piñeiro, Presidente da Fundación Rías Do Sur.
As sesións darán comezo o sábado as 10:30 h. e 17:00 h. e o domingo as 10:00 h e 16:30 h. Participarán 221 nadadores de 28 clubs galegos.

























