Campionato Galego Benxamín Mixto de Wáter-polo

20260129_wat_presentacion.jpg

Presentación na piscina de Padrón do Campionato Galego Benxamín Mixto de Wáter-polo.

Estiveron, Juan Carlos Brión, presidente da Fegan; Anxo Rei, Alcalde de Padrón; Luis Mariñas, Concelleiro de Deportes e Xavi Calvo, xerente da empresa de servizos deportivos Barbatana .

O Campionato será o día 31 de xaneiro na piscina Municipal de Padrón. Estará organizado pola Federación Galega de Natación coa colaboración de CW As Mariñas e do concello de Padrón.

Dará comezo as 10:00 horas, pola tarde a partir das 16:00 horas xogaranse as semifinais e finais.

Participarán: CW Pontevedra Mareantes, CW Pontevedra Corvaceiras, RCN de Vigo, e combinado CW As Mariñas/CW Santiago.

20260113_wat_cartel.jpg

Horarios dos partidos e normativa.