A Federación Galega de Natación asina un convenio coa Clínica de Psicoloxía Daniel Caamaño Gómez.
Dende a Federación Galega de Natación (FEGAN) anunciamos con orgullo a firma dun acordo de colaboración coa Clínica de Psicoloxía Daniel Camaño Gómez, co obxectivo de ofrecer aos nosos deportistas federados un servizo especializado en psicoloxía sanitaria e deportiva.
A través deste convenio, os nadadores federados poderán acceder a un acompañamento psicolóxico integral que inclúe:
Asesoramento psicolóxico individualizado, centrado nas necesidades persoais e deportivas de cada atleta.
Xestión de #o #estrés e a presión competitiva, axudando a canalizar as emocións e manter a calma en momentos decisivos.
Estruturación mental e planificación de obxectivos, para mellorar a concentración, a constancia e a eficacia no adestramento.
Motivación e autoconfianza, potenciando os recursos internos que favorecen o rendemento e o benestar.
Autocuidado e equilibrio emocional, especialmente #ante a esixencia e o compromiso que require o deporte de alto nivel.
Apoio a deportistas de clubs e alto rendemento, con ferramentas prácticas para optimizar o seu potencial e gozar do proceso deportivo.
Con esta colaboración, desde FEGAN reforzamos o noso compromiso coa saúde mental, a calidade de vida e o benestar integral do deportista, entendendo que o rendemento non só depende do corpo, senón tamén da mente.


















