Co obxectivo de traer os mellores eventos á nosa comunidade autónoma, co beneplácito das institucións a FEGAN, RFEN, Concello de Pontevedra, Fundación Rias do Sur, Galaico e Galaico sincro. Despois de varias reunións chegamos a un acordo para realizar en Pontevedra o Campionato de España por Federacións Autonómicas Júnior e Infantil de natación no mes de febreiro, o Nacional Alevín e Infantil de inverno de natación artística no mes de marzo, unha etapa da Copa de España de Augas Abertas e a Copa do Mundo de Natación Artística durante o 2026, 2027 e 2028.
Enlace a publicación