A piscina Rías do Sur acollerá do 4 ao 6 de xullo, o Campionato Galego Júnior e Absoluto de Natación Xunta de Galicia. Estará organizado pola Federación Galega de Natación e CN Galaico coa colaboración do Concello de Pontevedra e Rías do Sur.
No acto estiveron: Anabel Gulías, Conselleira de Deportes de Pontevedra; Alberto Castro, Presidente do Club Natación Galaico; Daniel Benavides, Servicio Provincial de Deportes de Pontevedra; Juan Carlos Brión, Presidente da FEGAN e Jorge Castro, Director Técnico de Rías do Sur.
Participarán 358 nadadores de 28 clubs galegos. As xornadas darán comezo polas mañás, as 9:30 horas, coas series eliminatorias e polas tardes, as finais, venres e sábado as 17:30 horas e domingo as 17:00 horas.
Toda a información