A Federación Galega de Natación, organiza por primeira vez campus de verán para nenos e nenas nados entre o 2011 e 2014 para as disciplinas de natación e wáter-polo, e entre o 2010 e 2013 para natación artística. Prazas limitadas, máximo 40 por disciplina.
Serán de luns a sábado na piscina Municipal de Cervo, rematando cunha exbición aberta a todo o mundo. Estarán dirixidos por adestradores de alto nivel e contarán coa presencia dun deportista top co que realizarán unha masterclass.
O custo será de 430 euros por deportista, no que irá incluída: a pensión completa, un macuto regalo con camiseta, pantalón curto e gorro, adestramentos e as actividades lúdicas.
Cuota de preinscripción de 50€ a ingresar antes do 30 de maio de 2025 (descontable do precio final). No reenbolsable salvo que non se organice o campus.