Dende o día 3 e ata o 6 de abril, as seleccións galegas infantís de Wáter-polo tanto masculina como feminina participaron no Campionato de España por FFTT nas instalacións de Son Hugo, Palma de Mallorca.

A selección masculina acabou en 13° lugar, despois de perder en dous encontros moi igualados ante Canarias 4-6 e Baleares 9-11 e gañar á comunidade da Rioxa 13-8, o que lles dió a terceira praza do grupo C cruzando nas posicións do 9 ao 14 ante Navarra. Dito partido que caeu ao lado navarro por un axustado 6-7, xa na loita polos postos décimo terceiro e décimo cuarto vitoria cómoda ante a Región de Murcia por 13-7, que lles deu a xa citada décimo terceira praza no campionato.

Pola súa banda a selección feminina deu comezo a súa participación no campionato, cunha vitoria ante a comunidade de Ceuta por 6-4, caendo derrotadas ante Aragón cun 2-12, o que lles deu a segunda praza do grupo 4 debendo cruzarse ante Murcia polos postos do noveno ao decimosegundo. Vitoria clara para as galegas contra Murcia cun 12-2, gran último encontro na loita pola 9° posición ante a comunidade Valenciana á que venceron por 10-7 nos penaltis despois de chegar ao final do encontro con empate a 6 no marcador.
Boa experiencia para os nosos deportistas que continúan en gran progresión.