Acordo de colaboración

20241009_wat_sandiego.jpg

Juan Carlos Brión, presidente da Fegan; Natalia Rocha, presidenta de CW Coruña Rías Altas e Mercedes González, presidenta de CW As Mariñas, reuníronse co Concelleiro de deportes da Coruña, Manuel Vázquez e co Director de Deportes Daniel Regos para consolidar o apoio incondicional que desde o concello ofrecen aos clubs de wáter-polo que participan en competición federada, facilitando o uso da Piscina de San Diego para a celebración dos partidos de liga nas distintas categorías.

Dende a federación e os clubs agradecemos enormemente este apoio sen o cal os clubs non poderían participar na competicion.