II Travesia a Nado Río Lérez

Presentación no Concello de Pontevedra da II Travesia a Nado Río Lérez. Esta travesía é a terceira etapa do XX Circuito Galego Arzúa-Ulloa de Augas Abertas.

20240423_nat_lerez

No acto estiveron Juan Carlos Brión, Presidente da FEGAN; Daniel Benavides, Xefe Servizo Deportes da Xunta de Galicia; Anabel Guliás, Concelleira de Deportes de Pontevedra; Miguel Anxo Fernández Lores, Alcalde do Concello de Pontevedra; Mª Isabel Couselo, Deputada de Infraestructuras Públicas, Mobilidade, Contratación da Deputación de Pontevedra e Alberto Castro, Presidente de CN Galaico. Apoiando o evento acompañounos o triatleta Javier Gómez Noya.

A Travesía será o sábado 27 na ría de Pontevedra, xunto á desembocadura do río Lérez, entre a praia fluvial de Monte Porreiro e a Illa das Esculturas. As distancias serán segundo as categorías, 2.500m (Elite, Máster e Popular), 1.250m (Alevín, Infantil e Promoción), Benxamín (200m) e Prebenxamín (50- 100m). Tamén haberá percorrido na categoría Inclusiva.

Está organizada por CN Galaico e Concello de Pontevedra coa colaboración de Federación Galega de Natación e Denominación de Orixe Protexida Azúa-Ulloa.

20240723_nat_cartel_lerez

Máis información.