Hoxe tivo lugar no salón de plenos do Concello de Ponteareas, a presentación do Trofeo Amizade 2024 que se nadará o sábado 20 na piscina do Complexo Deportivo Álvaro Pino de Ponteareas. Participarán 191 nadadores de 16 clubs.
Tamén se presentou a Travesía Vila do Tea, pertencente ao Circuito Galego Arzúa-Ulloa de Augas Abertas que terá lugar o 10 de agosto.
Na presentación participaron Alberto Aliaga, Directivo de CN Ponteareas; Óscar Pérez, Xerente DOP Arzúa-Ulloa; Nava Castro, Alcaldesa de Ponteareas; Juan Carlos Carrera, Tenente Alcalde de Ponteareas e Juan Carlos Brión, Presidente da FEGAN.