FEGAN - Aviso Legal.
A Selección Galega Feminina Absoluta remata no cuarto posto o Torneo Internacional de Oporto. Tras un primeiro partido no que obtiveron a vitoria contra Fluvial, xogaron fronte ao equipo Catalán de Badia por un posto na final, caendo derrotadas pola mínima, tiveron outra oportunidade fronte a Benfica pero volveron caer derrotadas tras un bo comezo de 3-0.
A loita polo bronce foi moi igualada e a pesar de ir todo o partido por diante, caeron de novo por un gol de diferenza. A pesar da clasificación final, o equipo disputou todos os partidos moi competitivas e perderon sempre pola mínima diferenza, o cansazo físico despois de 4 partidos nun día foi un condicionante importante.
O máis positivo foi ver a compenetración que houbo entre as xogadoras galegas e a boa imaxe que deron neste último torneo da tempada 23-24