CW Santiago inicia as Fases de Ascenso ás ligas Nacionais

Esta fin de semana o CW Santiago inicia as Fases de Ascenso ás ligas Nacionais, tanto a Primeira División o equipo feminino como a Segunda Nacional o equipo Masculino.

20240502_wat_seleccion_fem

As primeiras en debutar serán as mozas que se desprazan a Bilbao para xogar ante un dos equipos favoritos ao ascenso, o Askartza Claret, nunha das semifinais o sábado día 4 de Mayo ás 17:00h. O encontro de volta será o próximo día 11 de Mayo nas Instalacións de Santa Isabel (Santiago).

20240430_wat_campeones_dh

Pola súa banda o equipo masculino, encadrado na segunda semifinal, desprázase a Murcia onde disputará o seu compromiso ante o CW Murcia. Será o vindeiro domingo día 5 de maio ás 14:00 h. O encontro de volta aínda sen data por determinar.