Campionato de España Infantil Mixto por Comunidades Autónomas de Wáter-polo

Boas actuacións das nosas seleccións no Autónomico de Madrid

20240324_wat_sele.jpg

Dende o xoves 21 e ata hoxe domingo, celebrouse en Madrid o Campionato de España Infantil por Comunidades Autónomas coa participación das seleccións Galegas tanto masculina como feminina.

Oitava posición para a selección feminina despois de dúas vitorias na fase de grupos: ante a comunidade de Murcia por 11 goles a 7, e ante a comunidade valenciana por 11 goles a 6, cruzaron en cuartos de final ante Pais Vasco caendo derrotadas por 10-0 que as enviou á loita do quinto ao oitavo posto no cruce coa Federación Navarra saíndo derrotadas 11 goles a 1.

Acabaron a súa participación cun meritorio oitavo lugar tras caer derrotadas pola comunidade Valenciana 4-7, bo campionato das nosas mozas con fases de gran xogo e intensidade.

20240324_wat_chicas.jpg

Pola súa banda o equipo masculino conseguiu a de décimo primeira posición, despois de ir de menos a máis, derrota ante a selección de Portugal no seu partido inaugural por un tanteo de 4-6, souberon sobrepoñerse e vencer no segundo encontro da fase de grupos a Aragón por un tanteo de 8-6 que os enviaba á loita do noveno ao décimo sexto posto, cruzando coa comunidade de Castela a Mancha á que derrotaron comodamente por 13-3.

Na loita pola novena praza caeron derrotados nun partido moi igualado ante a Rexión de Murcia que acabou levándose o encontro nos penaltis por 12-11, finalizando a súa participación con bo sabor de boca despois de derrotar na loita da decimoprimera plaza a Federación Navarra por 12-5.

20240324_wat_chicos.jpg