Campionato Galego Máster de Inverno OPEN

Hoxe presentouse no Castelo de Vilasobroso o Campionato Galego Máster de Inverno que se disputará o 20 e 21 de Xaneiro na Piscina Alvaro Pino de Pontearas. Dúas xornadas con sesións continuas que darán comezo as 10:00 horas. Participarán 377 nadadores de 28 clubs galegos.

20240117_nat_presentacion_master

Na presentación estiveron Andrés Carrera, Presidente do CN Ponteareas; Juan Carlos Brión, Presidente da FEGAN; Luis Rodríguez, Concelleiro de Deportes de Ponteareas; Nava Castro, Alcaldesa de Ponteareas e Deputada de Turismo de Deputación de Pontevedra; José Manuel Freire, Coordinador do Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia na provincia de Pontevedra e Marta Fernández Tapias, Vicepresidenta Primeira e Deputada de Deportes da Deputación de Pontevedra ademáis de representantes de outras institucións como Concello de Mondariz Balneario e varios patrocinadores do CN Ponteareas.

20240117_nat_cartelmaster