Presentación Campionato Galego Longa Distancia e Copa de España de Clubes

20231110_nat_presentacion.jpg

Hoxe, presentouse no Concello de Pontevedra o Campionato Galego de Longa Distancia e a Copa de España de Clubes.

O Campionato Galego de Longa distancia disputarase o día 18 de novembro na piscina Rías do Sur de Pontevedra. Contará coa participación de 111 nadadores de toda Galicia. A sesión de mañá dará comezo as 10:00 horas e a de tarde as 17:00 h.

A Copa de España de Clubes (Fase Territorial), disputarase os días 25 e 26 de novembro na mesma instalación.

O acto de presentación contou con Santiago Ferrer, Coordinador de Deporte Escolar da Xunta de Galicia; Anabel Gulias, Conselleira de Deportes de Pontevedra; Alberto Castro, Presidente do Club Natación Galaico e Juan Carlos Brion, Presidente da Federación Galega de Natación.

20231110_nat_carteles.jpg