Circuito Galego Arzúa-Ulloa de Augas Abertas

20230914_nat_ponteareas.jpg

Hoxe, presentouse no salon de plenos do Concello de Ponteareas a 7ª etapa do Circuito Galego Arzúa-Ulloa de Augas Abertas.

Con esta etapa, péchase o circuito 2023. Será o domingo 17 na praia da Freixa, Ponteareas. Contará coa participación de 90 participantes das distintas categorías. Dará comezo as 11:00 horas coa proba de élite.

O acto de presentación contou con Nava Castro, Alcaldesa de Ponteareas e Deputada Provincial de Turismo da Deputación de Pontevedra; Alejandro Lorenzo, Deputado Provincial de Gestión Tributaria da Deputación de Pontevedra e Alcalde de Porriño; Fran Represas, Concelleiro de Deportes de Ponteareas; Andrés Carrera, Presidente de CN Ponteareas e Vocal de Augas Abertas da FEGAN e Alberto Aliaga, Vicepresidente de CN Ponteareas..

20230914_nat_cartel.jpg