Circuito Galego Arzúa-Ulloa de Augas Abertas

20230911_nat_lerez

Presentación da sexta etapa do XIX Circuito Galego Arzúa-Ulloa de Augas Abertas, I Travesia a Nado Río Lérez, no Concello de Pontevedra.

A Travesía será o sábado 16 de setembro na ría de Pontevedra, xunto á desembocadura do río Lérez, entre a praia fluvial de Monte Porreiro e a Illa das Esculturas. As distancias serán segundo as categorías, 2.500m (Elite, Máster e Popular), 1.250m (Alevín, Infantil e Promoción), Benxamín (200m) e Prebenxamín (50- 100m). Tamén haberá percorrido na categoría Inclusiva.

Está organizada por CN Galaico e Concello de Pontevedra coa colaboración de Federación Galega de Natación e Denominación de Orixe Protexida Azúa-Ulloa.

No acto estiveron Cristian Fernández e Sebastián Rodríguez (Chano), nadadores do CN Galaico; Anabel Guliás, Conselleira de Deportes de Pontevedra e Alberto Castro, Presidente de CN Galaico. Apoiando o evento acompañounos o triatleta Javier Gómez Noya.

20230911_nat_cartel_lerez

Máis información.