Circuito Galego Arzúa-Ulloa de Augas Abertas

20230809_nat_boiro_presntacion.jpg

A presentación da Cuarta Etapa do XIX Circuito Galego Arzúa-Ulloa de Augas Abertas, Travesía Illa de Bensa , tivo lugar hoxe no Concello de Boiro.

Estiveron presentes Brais Nieto, adestrador do club; Carlos Brión, Director Técnico de CN Boiro; Marcos Fajardo, Concelleiro de Deportes; Margarita Hermo, Directora de Relacións Instucionais de Jealsa e Chus Lorenzo, Directiva do CN Boiro.

Disputarase o sábado 12 de agosto e dará comezo na praia de Carragueiros en Boiro, as 11:30 horas coa proba de 3.500 metros nas categorías Máster, Popular e Élite, a continuación as de 1.000 metros en categorías Alevín, Infantil, Adaptada e Popular; e en 200 metros, categoría Menores e Adaptada.

20230804_nat_presentacion.jpg