FEGAN - Aviso Legal.
A terceita Etapa do XIX Circuito Galego Arzúa-Ulloa de Augas Abertas presenstouse esta tarde no Concello de Vilagarcía, coa XXXIX Travesía A Nado do Porto de Vilargarcía.
Disputarase o domingo 6 de Agosto no Porto de Vilagarcía. Dará comezo as 11:00 horas e constará de tres probas a de 2500 m, a popular de 1200 m. e a de menores de 250 m. Organiza o Club Natación Vilagarcía coa Colaboración da Fegan, Porto de Vilagarcía, a Fundación de Deportes de Vilagarcía e o Concello de Vilagarcía.
Contará coa participación de 256 nadadores das distintas categorías.
Na presentación estiveron O presidente da FEGAN, Carlos Touriño; o presidente do Club Natación Vilagarcía, Fernando Vicente; o Concelleiro de Turismo, Álvaro Carou e o técnico da Fundación de Deportes de Vilagarcía, Juan Miguel Doval.