Hoxe, finou Andrey Navalikhin. Técnico de Wáter-polo de C. Marina Ferrol e impulsor do Wáter-polo galego no ano 1997.
Procedente de Rusia, desprazouse ata Ferrol por motivos laborais, levando o seu coñecemento e traxectoria desde o seu país natal ata Galicia.
Formou parte do staff técnico de seleccións galegas, sendo un referente en toda a comunidade, transmitindo a súa paixón por este deporte a todos/as os/as deportistas así como afeccionados.
Galicia enteira está agradecida pola súa dedicación e capacidade de esforzo.
Sempre te lembraremos Andrey.